1ª Ruta Solidaria “Sonrisas Pelonas” (Novembro 2016)

O vindeiro 6 de novembro convidamos a soci@s e público en xeral a realizar unha ruta cun fin solidario para colaborar coa asociación sen ánimo de lucro Sonrisas Pelonas, asociación de axuda a familias e nenos afectados polo cancro infantil. A idea da ruta e que poida ser apta para todo o mundo, acostumado a camiñar, e que poda ser feita por nenos, cada un deles acompañado por un adulto que en todo momento se faga responsable.

A ruta solidaria “Sonrisas pelonas” discorre polo camiño tradicional que vai de Seoane á Ferrería Nova, a partir deste punto collemos a ruta que leva a Mercurín e o Castro de Brío para visitar o Val das Mouras. Dende este punto baixaremos á Ferrería Vella para enlazar co Camiño Real e volver á Ferrería Nova e de novo polo mesmo camiño que no inicio, regresar a Seoane.

Data: domingo 6 de novembro de 2016

Lugar de saída: xuntarémonos en Seoane do Courel ás 10:30 hrs. A ruta comezará ás 11:00 hrs.

Chegada (estimada): 15:00 hrs. aproximadamente calculando paradas e un ritmo de 2 km/h pero depende d@s nen@s.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 6,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +400 -400 m

Dificultade: baixa

Dirixida a: soci@s e público en xeral

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena con bebida e comida.
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición:

Nota: O custo da actividade será de 4 euros que incluirán un pequeno agasallo por parte da asociación para os participantes e a doazón para a mesma. Este diñeiro recollerase o propio día da ruta, onde estaremos cun pequeno posto de Sonrisas Pelonas e unha lista con todos os inscritos, ALBA recollerá o diñeiro e dará o agasallo aos que se animen a vir á ruta.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta solidaria
Ruta solidaria “Sonrisas Pelonas”

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.