Devesa do Cervo, Arestas de Montouto e Riñán

O vindeiro 26 de marzo, convidámosvos novamente á Devesa do Cervo e o Pico Montouto, paraxe que nos segue parecendo insuficientemente coñecido ao tempo que de singular beleza.

Saíndo dende Outeiro faremos unha ruta circular que sortea un desnivel importante atravesando a Devesa do Cervo, chegando a superar os 1.500 m. Durante a etapa teremos ocasión de contemplar as vistas que nos ofrece o Montouto da Serra dos Cabalos e da parte sueste da propia Serra do Courel, xa no límite cos nosos veciños de Castela e León.

Un magnífico lugar para dala benvida á nova estación 🙂

Data: domingo 26 de marzo de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 21 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1500 -1500

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS CON LICENZA OU SEGURO.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC): premer aquí

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.