Pico Catoute (Abril 2015)

O próximo domingo día 26 de abril tentaremos facer esta espectacular ruta coa ascensión ao cumio dunha das montañas emblemáticas do Alto Bierzo que supera os 2000 m. Partiremos desde a aldea de Salentinos (situación) por un camiño bo de andar que vai gañando altitude pouco a pouco. Este camiño chega a unhas brañas cun espectacular curro incluido, a partires de aí deixamos o camiño e comezaremos a camiñar por un carreiro (esperemos que xa non teña moita neve) que circula pola parte central primeiro, e esquerda despois, ata gañar a aresta que leva ao cumio do Catoute.

Data: domingo 26 de abril de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1000 -1000

Dificultade: alta

Necesaria licenza ou seguro privado: si (no caso de non dispoñer de licenza ou seguro privado poderase asistir á actividade coa condición de asinar, o propio día da ruta, unha declaración responsable eximindo ao Club de calquera responsabilidade no caso de accidentes derivados da práctica indicada).

Material necesario:

  • calzado de monte
  • roupa axeitada
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • roupa de recambio

Inscrición:

  • sección CONTACTO deste blog ou
  • correo do club (cmformigueiros@gmail.com)

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN:

Catoute (desde Salentinos)
Catoute (desde Salentinos)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

A ruta en imaxes