Rego do Castelo

Ruta pola contorna do regato do Castelo, sobre camiños e carreiros, algo de asfalto tamén, pouco, pero nada de monte a través.

Sairemos da praza do Albergue/Auditorio cara a ponte de Vilaverde, Pacio Vello, Caspedro, dende alí ao fondo do val do regato do Castelo, atravesarémolo regato con coidado de non mollar os pes, e cruzamos o piñeiral para chegar ao cruce de camiños que nos levará, opcional e segundo vaia o día, aos lugares abandonados de Novais do Medio e Novais de Arriba, para logo baixar ao Castelo dos Novais, para visitalo e descansar un anaco antes de volver ao punto de partida seguindo, en parte, o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela.

Data: domingo 10 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 10:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo (iniciación)

Distancia aproximada: 11 km. (2 km. son opcionais)

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +340 m.

Dificultade: baixa, media-baixa

Dirixida a: socios e público en xeral (nenos maiores de 6 anos e acompañados dun adulto durante a ruta).

Necesaria licenza ou seguro privado: non

Material necesario:

  • calzado e roupa cómodos
  • mochila pequena con auga e algo para picar (froitos secos, barriñas,…)
  • bastóns para camiñar (opcional)

Inscrición:

SOCIOS: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

NON SOCIOS: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño):

Quiroga - regato do Castelo - As Novais

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.