1ª Ascensión a Pena Trevinca

Aproveitando a festividade do próximo venres día 1 de maio propoñemos a visita á Serra do Eixe, situada na confluencia das provincias de Ourense, León e Zamora na que tentaremos a ascensión aos tres cumios máis elevados da nosa terra.

Achegarémonos por estrada ata O Barco de Valdeorras para subir ata o alto da Fonde da Cova (situación) e desde alí colleremos a pista que leva ata a zona chamada A Cabrita (situación), onde se atopa unha canteira de pizarra. Desde alí comezaremos a camiñar cara a Pena Trevinca, cumio máis elevado de Galicia cos seus 2.127 m para volver pasando polos cumios de Pena Negra (2.121 m) e Pena Surbia (2.116 m)

Data: venres 1 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 17 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +800 -800

Dificultade: media-alta

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • calzado de monte
  • roupa axeitada
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño):

Trevinca (desde Fonte da Cova)
Trevinca (desde Fonte da Cova)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.