Cornón de Busmori e El Miro de Valdeprado (Maio 2015)

Para o próximo domingo propoñemos unha saída aos Ancares Leoneses, situados no noroeste da provincia de León. Para iso desprazarémonos en coche ata a localidade de Páramo del Sil (León) e unha vez alí, á altura de El Hospital, desviarémonos á esquerda pola estrada de Valdeprado, unha estrada de montaña que comunica coa vertente asturiana. Pasaremos o pobo de Valdeprado e aproximadamente dous quilómetros máis adiante chegaremos á Braña de Susañe, punto de inicio da ruta e onde deixaremos os coches.

Partiremos camiñando da Braña de Susañe e ascenderemos suavemente por un camiño (se non fose posible porque estivese pechado pola maleza, iriamos pola estrada) durante 1,5 km cara o porto de San Antón, logo iremos por unha senda de montaña progresivamente gañando altura cara as Lagoas de Fasgueo. Dende aí ascenderemos ata o Cornón de Busmori, tamén chamado Alto Bismor, continuaremos polo cordal ata o pico El Miro, o punto máis alto da ruta cos seus 1.985 m. Quen queira poderá achegarse ao pico xemelgo: Peña Boquín (1.986 m). Logo descenderemos ata a lagoa glaciar Pozo Cheiroso e seguiremos baixando pola Braña Viecha e polo regato La Braña El Monte ata a aldea de Valdeprado. Dende alí distan uns 2 kms ata a fin da ruta, chegando de novo á Braña de Susañe.

Se o día está despexado poderemos divisar unha chea de picos dende as cotas máis altas: Cuiña, Miravalles, Cueto Arbás, El Cornón, Peña Ubiña, Valdeiglesias e Catoute, entre outros.

Data: domingo 31 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 21:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 14 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1038 -1038

Dificultade: alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Cornón de Busmori - El Miro (desde Braña de Susañe)
Cornón de Busmori – El Miro (desde Braña de Susañe)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

A ruta en imaxes