Devesa das Valiñas

O próximo sábado día 28 de febreiro, @s soci@s do club estades invitados a unha nova actividade, nesta ocasión trátase da que será a apertura dunha nova ruta denominada “Devesa das Valiñas” na que se fará un percorrido pola dita devesa. Guillermo e Gemma farán de guías e levarannos a través desta devesa, subindo os tres vales que a forman usando os carrozos como vía. Pasaremos por un interesante teixedal con exemplares de gran tamaño que rondan os 500 anos, logo continuaremos cara as minas de Vilafabriz, e subida polo Pico dos Corvos cara o xacemento do cámbrico inferior riba da Buraca das Choias.

Trátase dunha ruta circular que se fará xunto con xente do grupo “Senderismo Galego“, ao remate da ruta farase unha cea conxunta (para o que queira asistir) dos dous clubs en Caselo de Paderne.

Data: sábado 28 de febreiro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quirogas ás 9:30 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 10 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +900 -900

Dificultade: alta

Necesaria licenza ou seguro privado: si (ademais é preciso asinar unha folla ao comezo da ruta).

Material necesario:

  • calzado de monte
  • roupa axeitada
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • roupa de recambio

Inscrición:

  • sección CONTACTO deste blog ou
  • correo do club (cmformigueiros@gmail.com)

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Poñemos a ruta aproximada (debuxada a golpe de rato ;-)) sobre un mapa.

Ruta das Valiñas
Ruta das Valiñas