Pico Cornón (Novembro 2015)

O vindeiro sábado 7 de novembro tentaremos a ascensión ao Pico Cornón (2.188 m), teito do Parque Natural de Somiedo. A ascensión a este pico pódese facer elixindo varias rutas, nesta ocasión decantámonos por unha das máis espectaculares, para iso achegarémonos á comarca leonesa de Laciana, comarca veciña doutra que xa coñecemos ben, Babia.

O comezo da ruta atópase no pobo de Lumajo, desde o pobo iremos percorrendo un val glaciar e divisaremos picos como o Muxivén (2.027 m).

Data: sábado 7 de novembro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 20:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1.000 -1.000

Dificultade: media-alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Pico Cornón (desde Lumajo)
Pico Cornón (desde Lumajo)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

A ruta en imaxes