Senda verde de Carnota e Monte Pindo (Setembro-Outubro 2017)

A medio Camiño entre a Costa da Morte e as Rias Baixas atopase o Concello de Carnota que ademais de ser Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e contar coa 1ª reserva Mariña de Galicia , podemos considerala como unha das zoas costerias de gran beleza na paisaxe; destacando o monte Pindo ( Olimpo celta ) a sua serra albergando castros e petroglifos e as praias.                                                             

Aloxaremonos, a noite do sábado , no Albergue “A chalana de Rucho

Datas: Sábado 30 de setembro e Domingo 1 de outubro de 2017

Lugar de saida: Albergue de Quiroga , Sábado as 8:00 , Monforte 8:25 ( Gasolinera Eroski )

Disciplina: Sendeirismo

Distancia aprox:

  • Sábado:     18 Km   5 h 30
  • Domingo:   15 Km   5 h
Dificultade:
  • Sábado:    Baixa
  • Domingo:  Media ( Ascenso a Moa penedos lisos )

Dirixido: Socios/as (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispor de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña)

Material:
  • Roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • Mochila con auga e comida para  os xantares
  • Bastóns para camiñar (opcional)
  • En función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • Roupa de recambio
PROGRAMACIÓN:
Día 1 (Sábado 30 de setembro).
Chegada o albergue 11:00 .Inicio ruta : Lira – Camiño dos Mariñeiros – ruta dos naufragos
Ruta do Faro – Ancoradoiro – SENDA VERDE ( Museo Arqueolóxico Aberto ) – Louredo – Lira.

 

Día 2 (Domingo 1 de outubro).

Caldebarcos – Chan das Lamas _ Monte Pindo ( A Moa 628 m ).

Prema aquí para ver esta ruta

IMPORTANTE: E preciso confirmar a asistencia antes do Luns 25 para a reserva de aloxamento.
É preciso adiantar o 50% para a reserva.
Precio do albergue 12 euros por persoa , literas , sábanas e toalla incluidos , ten servizo de cafeteria e comidas baixo encarga.

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

*Recomendase dispoñer nas saídas dunha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

 

A ruta en imaxes