Asemblea xeral 2016: resumo e presentación

Como resultado da asemblea xeral do pasado sábado 17, podemos destacar o seguinte:

  • As cotas 2017 para @s soci@s que domicilien o pago serán de 6 € para @s adult@s e 3 € para @s xuvenís (12 a 18 anos), menores de 12 gratis.
  • As cotas 2017 para aqueles/as soci@s que non domicilien o pago serán de 10 € para @s adult@s e 5 € para @s xuvenís.
  • O prazo para renovarse como soci@ remata o 28 de febreiro 2017.
  • As contas do ano 2016 quedan aprobadas cun resultado positivo de 253,87 €.
  • O orzamento do ano 2017 queda aprobado.

A primeira remesa de licenzas farase o 31/12/2016, @s interesad@s deberán ingresar o importe antes desa data. IMPORTANTE poderase domiciliar xunto coa cota anual o pago la licenza, pero solo se tramitarán as licenzas que se ingresen antes da data da remesa, polo tanto a domiciliación a través do SEPA tedes que facela (e achegala o Club) antes do día 30. CONSELLO ingresar ou transferir os cartos da licenza xa e deixar a domiciliación do pago da cota de socio para mais adiante (tedes de prazo ata finais de febreiro).

Aproveitamos para desexarvos bo nadal e que o 2017 sexa un ano cheo de montañas!!
Un saúdo

CM Formigueiros

Domiciliación da cota do club

Dende a directiva do Club de Montaña Formigueiros infórmase a tod@s @s soci@s que para facilitar as tarefas burocráticas que se realizan dende o club, este ano preténdese que todos @s soci@s domicilien a súa cota anual. Para facilitar este sinxelo trámite que aforra moito traballo tedes á vosa disposición o modelo para autorizar que se cargue na vosa conta a cota anual correspondente.

Este impreso (MODELO SEPA), imprescindible para que o voso banco nos autorice a facer o cargo, podédelo descargar premendo sobre a seguinte ligazón:

MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA CARGO BANCARIO (MODELO SEPA)

Ou se alguén o prefire tamén está á vosa disposición na oficina do Albergue Municipal de Quiroga (podédesllo pedir a Guillermo ou a Mary, que sempre andan por alí).

É moi importante que por calquera dos medios que se poñen á vosa disposición vaiades facendo entrega do modelo cuberto para axilizar os trámites de primeiros de ano. Un bo momento será a Asemblea Ordinaria do Club (sábado 17 de decembro, 19:00 h, Albergue Municipal de Quiroga) ou na posterior cea de Nadal.