Roteiro Manuel María

Ruta de sendeirismo organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUAS DO CAFI (CENTRO AUTONÓMICO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN), na que colabora o Club de Montaña Formigueiros.

O roteiro pretende percorrer os lugares dos que fala a obra de Manuel María “Sonetos ao Val de Quiroga”. Daquela percorreremos: San Clodio, Quiroga, Pacios de Mondelo, A Ermida, Barxa, Arxubín, Lamela, A Veiguiña, A Rodela, Carballo do Hospital, Vilañán, O Souto, O Hospital, San Xulián de Arriba, Caspedro, O Castelo e Os Novais.

O percorrido inclúe as visitas ao Museo Xeolóxico de Quiroga, a Igrexa da Ermida e a Igrexa do Hospital, así como paradas nos lugares dende os que se pode ofrecer algunha explicación sobre o noso entorno, ou aqueles que están relacionados con algún dos sonetos do libro de Manuel María.

Data: sábado 9 de abril de 2016

Lugar de saída: Ponte vella de San Clodio (hora de saída por confirmar).

Chegada (estimada): por confirmar (dependendo da hora de saída).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 18,4 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +628 -560 m

Dificultade: media

Dirixida a: público en xeral

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena coa bebida e comida xa que a ruta durará toda a xornada.
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.