Peche do ano 2018

Xa rematou outra tempada!

Como todos os anos dende que se creou o club, facemos unha reflexión e sintese de como foi o ano 2018 no club que formamos todas e todos e como xa vos fomos avisando, esta xornada levarase a cabo o sábado 15 de decembro.

Este ano decidimos facer unhas xornadas mais completas que outros anos, propoñendo unha ruta de sendeirismo, a asamblea anual e rematar coa nosa cea de Nadal.

Lembra inscribirte no Formulario.

Formulario

Ruta circular da devesa e o túnel romano de Romeor (Sendeirismo)
Lugar de celebración: Alto do Couto, Campelo, Romeor.
Data 15-12-2018
Lugar de saída: Quiroga
Hora de saída: 9:00 h.
Lugar de chegada: 18:00 h.
Dificultade: Media
Distancia: 15 Km
Desnivel: 1386 m. +693 m.
Actividade dirixida a: Socios
Contido da actividade: Magnífica ruta que rodea a Devesa de Romeor, na parte oriental das montañas do Courel. Saíndo do Alto do Couto e visitando a entrada da Sima Aradelas (a sima máis profunda de Galicia) na aldea de Campelo, a aldea de Romeor, o túnel-acueducto romano de Romeor e volta cara ao Alto do Couto seguindo camiños tradicionais que bordean esta magnífica devesa. Tamén, case chegando ao coche ascenderemos á Cabeza do Coto de 1431 m.
Observacións: Tendo en conta que é día festivo para os/as membros do Club Formigueiros imos a tomar a ruta con calma e comer no camiño, así que xa sabedes. Tede en conta que á noite temos a cea do club, así que cadaquén o teña en conta. Regresaremos con tempo suficiente para asearnos e ir a Asamble Xeral, que será á tardiña e a que debemos asistir todos para comentar o que nos gusta e o que non nos gusta da nosa organización. Xa sabedes, día 15 de decembro: RUTA+ASAMBLEA XERAL+CEA DE NADAL.
*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.
A asamblea levarase a cabo no Albergue de Quiroga as 19:30h. Os puntos a tratar serán:

  • Contas do ano 2018
  • Presupostos do ano 2019
  • Cotas e licenzas do ano 2019
  • Resumo de actividades
  • Principais obxectivos do ano 2019
  • Propostas e suxerencias
Lugar: Adega da María
Prezo: 25€
Menú:
1° Langostinos plancha e entremeses variados
2° Escoller entre:
Solombo de porco á brasa (pode ir acompañado de salsa de pementa ou roquefort)
Churrasco de tenreira
Troitas
Postre e bebida
Data limite para anotarse: 11 de decembro

 

Formulario