Axuda a Nepal

Desde o CM Formigueiros poñemos en marcha unha colaboración moi especial nesta ocasión.

Todo o mundo en xeral (e o mundo da montaña en particular) quedamos paralizados ante a catástrofe en forma de terremoto que golpeou o Nepal o pasado mes de abril.

Sobra dicir que como case sempre neste tipo de situacións os débiles son os mais afectados.

É por iso que poñemos en marcha unha colleita de doazóns a través dunha persoa da máxima confianza para nós. Trátase do montañeiro Juanjo Rodríguez, amigo do noso socio Ramón Vila, que a través dunha iniciativa (como tantas que leva facendo estes últimos anos) a título persoal, sen intermediarios, pretende axudar todo o posible a unha das aldeas do Nepal que quedaron arrasadas polo sismo.

Estaremos in situ os seguintes días e horas no Albergue de Quiroga, para que calquera persoa (sexa ou non socia do Club) poida doar. Calquera axuda (de calquera importe) será benvida e TODO o diñeiro recadado será destinado directamente aos fins que Juanjo ten previsto nesta iniciativa.

Os horarios e días son os seguintes:

  • xoves 14 de maio (19:00 – 20:30h)
  • venres 15 de maio (20:00 – 21:30h)
  • sábado 16 de maio (12:00 – 14:00h)

Animamos a tod@s a participar e a difundir o máximo esta iniciativa para que chegue ao maior número de xente posible.

Un saúdo.