Ruta do Río Pequeno e Asemblea Extraordinaria

Despois dunha pequena reflexión sobre a situación actual do club e cara onde queríamos ir, propoñemos esta xornada de ruta e asamblea extraordinaria para trazar o novo rumbo do club.

Domingo 09/06

Ruta do Río Pequeno

Tipo de ruta

ICON_Senderismo
  • 14 km
  • + 640
  • 1273 m
  • Media
  • Socios/as

9 Xuño 2019

Paderne do Courel

10:00h - 17:00h

Ruta imprescindible nas Montañas do Courel. Asequible para calquera acostumado a camiñar.

 

Visita lugares emblemáticos nesta parte da montañas: Devesa da Escrita, Brío, Val das Mouras, Fervenza da Grada…

 

Ademais, participando nesta ruta, imos a sumarnos de novo as iniciativas promovidas dentro da semana dos xeoparques europeos, xa que para este día ofreceron esta ruta na compaña do Biólogo Marcos Reinoso Domínguez de Pía Paxaro Sendeiros da Natureza, cunha xornada de portas abertas no Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, con Ana Marta Arza, encargada da Oficina de Turismo de Folgoso do Courel.

 

Durante a ruta, comeremos todos/as xuntos/as nalgun recuncho que nos ofreza esta maravillosa entorna e ó rematar a xornada, levaremos a cabo a Asemblea Extraordinaria. Como vedes, non se trata dunha asemblea como as que adoitamos facer, pero si que vos pedimos asistencia, porque será unha das máis importantes posto que de ahí salirá o rumbo que vai seguir o noso club.

Observacións

Lembrade levar comida.
Lembrade que este mesmo día, imos a celebrar unha asamblea extraordinaria do club. Podedes achegarnos as vosas propostas. Se non podedes vir, facedeo a través de alguen que veña.
Lembrade as mesmas recomendacións de sempre: roupa e calzado axeitado.

Tede en conta que queremos un club dinámico e é imprescindible a vosa participación… temos unha oportunidade inmellorable, nun marco inmellorable.

*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

* Podedes inscribirvos tamén na Casa da Cultura de Quiroga de 8 a 14h