O vindeiro 11 de marzo convidámosvos á Ruta de Penaboa, que pasa por ser unha das mais transitadas polo Courel nestes últimos anos, no so pola dureza da mesma senón polas espectaculares vistas da Serra do Courel, sobre todo dende o miradoiro.
Data: sábado 11 de marzo de 2017
Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. ou Ferreirós de Abaixo ás 10:00h (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).
Disciplina: sendeirismo
Distancia aproximada: 16 km (entre 6 e 8,5 horas de actividade prevista).
Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1250 -1250
Dificultade: alta
Dirixida a: SOCIOS/AS CON LICENZA OU SEGURO.
Material necesario:
- roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
- mochila con auga e comida para toda a xornada
- bastóns para camiñar (opcional)
- en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
- roupa de recambio
Notas: non se recomenda esta actividade a nenos (<12 anos). A aresta de Penaboa pode entrañar certo malestar a persoas con algún tipo de vertixe. Existen zonas de forte pendente.
Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):
Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.
A ruta en imaxes