Pico Valdeiglesias

Despois da visita que fixemos no pasado mes de abril para ascender ao pico Catoute, o sábado 21 de novembro achegarémonos de novo ao Alto Bierzo para ascender o cumio máis alto da zona, o pico Valdeiglesias (2.134 m).

A ruta, como daquela, iniciarémola na aldea de Salentinos (situación), colleremos o mesmo camiño que percorremos camiño do Catoute pero deixarémolo á nosa dereita para iniciar o ascenso do pico Lago (2.046 m) para despois coller o cordal que nos levará ata o cumio do pico Valdeiglesias para posteriormente descender facendo a ruta circular.

Unha boa ocasión para que a xente á que non lle coincidiu ben a anterior ruta ao Catoute poida coñecer a montaña do Alto Bierzo.

Data: sábado 21 de novembro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 20:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 17 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1.000 -1.000

Dificultade: media-alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Pico Valdeiglesias (desde Salentinos)
Pico Valdeiglesias (desde Salentinos)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.