V Aniversario do CM Formigueiros (Xaneiro 2019)

Por quinto ano consecutivo, celebramos o noso aniversario subindo ó pico que da nome o noso club.

Tipo de ruta Sendeirismo

Lugar de celebración: Quiroga – O Caurel

Data 20/01/2019

Lugar de saída: ALBERGUE DE QUIROGA

Hora de saída: 09:00

Hora de chegada: 17:00

Dificultade: Media

Distancia: 18 KM

Desnivel: 2600

Actividade dirixida a: Socios/as

Contido da actividade:
Unha vez cheguemos a aula da natureza de Moreda subiremos a devesa da Rogueira seguindo a ruta clásica ata chegar ó cruce que nos leva cara as fontes; chegados ahí moverémonos á dereita para sair a pista que vai á Campa da Lucenza e seguir polo camiño que nos leva polo Teso das Papoulas dirección Formigueiros.
Subiremos a Formigueiros como manda a tradición do noso clube para baixar unha vez feita a foto de familia cara a Boca da Rogueira polo carreiro que limita os concellos de Courel e Quiroga. Dende a Boca da Rogueira baixaremos ata as fontes para retomar a ruta que nos leva pola devesa co enlace do camiño do Couto cas cabanas de Moreda que será por donde voltemos a aula da natureza.

Observacións:
Moi importante levar a roupa axeitada a climatoloxía prevista (na mochila ainda que o tempo esté bo metede cortaventos, polainas e impermeable), bastóns moi recomendables, CALZADO apropiado porque pode que teñamos neve. Teléfono móvil con batería ó 100%, gorro, luvas, algo de picar e de beber.
A RUTA ESTARÁ ENCABEZADA E PECHADA POR MEMBROS DA DIRECTIVA, EN NINGÚN MOMENTO NADIE DEBE ADIANTAR A CABEZA DO GRUPO OU QUEDAR REZAGADO, FAREMOS TODAS AS PARADAS NECESARIAS PARA IR AGRUPADOS AINDA QUE DE TODOS XEITOS O RITMO DA CAMIÑATA SERÁ O AXEITADO PARA QUE SEXA UNHA ACTIVIDADE ADECUADA E DIVERTIDA PARA TODOS NOS.
O peso da mochila debe ser o menos posible para non facer esforzos en balde así que procurade non sobrepasar moito o 10% -15% do voso peso corporal segundo o voso nivel de forma física.
No caso de modificacións estade atentos as comunicacións do clube.

*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.