Como todos os anos o Club de Montaña Formigueiros realiza a celebración do seu aniversario ascendendo ó pico esta vez dende A Seara.
Tipo de ruta Sendeirismo
Lugar de celebración: QUIROGA- A SEARA
Data 28-01-2018
Hora saída 09.00h
Hora chegada 19.00h
Lugar de saída:
- Albergue de Quiroga
- A Seara
Distancia: 16 KM
Desnivel: 2014
Actividade dirixida a: Socios
Contido da actividade:
RUTA CIRCULAR:
-Seara
-Lagoa da Lucenza (visita a lagoa glaciar da lucenza)
-Campa da Lucenza
-Boca da Rogueira (faremos un percorrido de 1500 metros pola zona alta da devesa)
-Fontes da Rogueira (unha parada tradicional nas fontes, un dos emblemas do Courel)
-Formigueiros (subida ó pico que nos presta o nome, foto de rigor, parada para disfrutar das vistas, tempo para ler algún poema de Uxío Novoneyra)
-Baixada a Vieiros pola pista que pasa pola Pena da Aiga (Veremos dende arriba a gran devesa descoñecida, As Valiñas)
-Baixada a Vieiros
-Seara (pararemos a tomar algo en Casa Carrete para descansar)
Observacións:
NORMAS:
– ROUPA E CALZADO AXEITADOS A CLIMATOLOXÍA
– ROUPA E CALZADO DE RECAMBIO PARA CAMBIARSE O REMATAR A RUTA
– MOCHILA CON BEBIDA, COMIDA , ACONSELLABLE BOTIQUÍN PEQUENO, ACONSELLABLE MANTA TÉRMICA
– CAMIÑAREMOS EN GRUPO SIN SOBREPASAR ÓS GUÍAS, HABERÁ UN ESCOBA.
– RECOMENDABLE FRONTAL
– OPTIMIZAREMOS COCHES PARA NON IR CADA UN NO SEU
IMPORTANTE:
NO CASO DE QUE HOUBESE NEVE NA CARRETERA QUE FIXESE DESACONSELLABLE A VIAXE A SEARA FAREMOS A RUTA CLÁSICA DA DEVESA DA ROGUEIRA DENDE A AULA DA NATUREZA SUBINDO A ROGUEIRA, FONTES, FORMIGUEIROS, COUTO E BAIXADA POLAS CABANAS DE MOREDA (11 KM, +1000 METROS)
HORA DE SAIDA 09:00
HORA DE QUEDADA 08:45 DIANTE DO ALBERGUE, QUEN QUEIRA APARECER DIRECTAMENTE NO PUNTO DE SAIDA NA SEARA DEBERÁ AVISAR NOS COMENTARIOS DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.