Camisetas do club.

En vista do éxito da quenda anterior, abrimos prazo de novo para reservar a túa camiseta.

Estas son as camisetas que todos vós, socias e socios máis empresas colaboradoras, fixestes posible!

Unha camiseta técnica que poderedes estrear este verán e que podedes reservar premendo nesta ligazón.

Agora mesmo tedes que reservar unha por socio ou socia, de maneira que por cada camiseta tedes que cubrir un formulario.

Os prezos son os seguintes:

  • Socios e socias: 15€
  • Non socios e socias: 20€

Non vos esquezades de consultar a vosa talla na guía de tallas que poderedes ver tamén no formulario de reserva.

O prazo de reservas remata o día 20/01/2019 (incluído) e avisarémosvos sobre os puntos de recollida, onde ensinando o email de confirmación vos entregaran as vosas camisetas unha vez as abonedes (o mesmo día da recollida e en efectivo).

Non vos quededes sen a vosa!

Modelo de camiseta