Tras a demanda dos socios durante varias asambleas e xuntanzas, aquí vos propoñemos unha ruta de inverno con raquetas de neve.
Tipo de ruta Sendeirismo con raquetas de neve
Lugar de celebración: Leitariegos. Laciana. Asturias-León
Data 2018-03-04
Hora saída 07.00h
Hora chegada 20.00h
Lugar de saída: Albergue de Quiroga para ir hacia Porto de Leitariegos (Asturias)
Distancia: 10 Km
Desnivel: 497 positivo 497 negativo
Actividade dirixida a: Socios
Contido da actividade:
Xornada de aproximación ás raquetas de neve. Saíndo do Porto de Somiedo ascenderemos ata a lagoa de Arbás dende onde tomaremos o camiño máis doado (sendeiro marcado cando non hai neve) que nos permitirá chegar á crista e pola impresionante crista, ata o cumio do Cueto de Arbás. O camiño de volta seguindo a mesma ruta.
Observacións:
-A ruta con raquetas farase si as condicións de neve o permiten. De non existir estas condicións podemos valorar a posibilidade de facela sen raquetas.
-Para os que non teñan raquetas existe a posibilidade de alugalas a un prezo que rondará os 10 € e que precisaremos cando se concrete a actividade.
-Para andar con raquetas de neve é imprescindible ter bastóns; creo que todos temos.
-É IMPRESCINDIBLE LICENZA OU SEGURO QUE CUBRA ESTA ACTIVIDADE. Aínda que é de descubrimento debemos ter en conta que é unha actividade de montaña invernal.
*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.
Para anotarse na ruta cubrir o seguinte formulario