Saída á Montaña Palentina

O próximo mes de Outubre voltaremos a facer a nosa saída anual, esta vez á Montaña Palentina. Esta actividade é soamente para socias e socios e para unha correcta organización da mesma, necesitamos confirmación a través do  formulario antes do vindeiro 15 de setembro.

12,13 e 14 de outubro de 2018

Lugar de celebración: PARQUE NATURAL FUENTES CARRIONAS E FUENTE COBRE – MONTAÑA PALENTINA

Data 2018-10-12

Lugar de saída: QUIROGA

Hora de saída: 8:00 h (día 12 de outubro)

Lugar de chegada: 20:00 h (día 14 de outubro)

Dificultade: Media

Distancia: Total 3 rutas: 35 km

Desnivel: Total 3 rutas: 4592 m

Actividade dirixida a: Socios/as

Contido da actividade:

  • RUTA DO TEIXEDAL DE TOSANDE. BOSQUE MILENARIO. RUTA PR-P 03 (Día 12, pola tarde)
    Lonxitude percorrido: 10 Km.
    Desnivel positivo: 428 m.
    Desnivel acumulado: 856 m.
    Punto más elevado: 1410 m.
    Punto más baixo: 1072 m.
    Dificultade: Baixa-media.
    Duración da actividade: 4 h.
    Imprescindible nesta zona.
    O Teixedal de Tosande é unha das concentracións de teixos máis destacadas da Península Ibérica, emprazándose no Parque Natural de Fuentes Carriona y Fuente Cobre-Montaña Palentina, en concreto na Sierra de la Peña, no concello de Dehesa de Montejo.
    O Teixedal emprázase na cara norte da Peña Horadada, no val de Tosande entre as cotas de 1300 e 1500 m. de altitude sobre un substrato calcario paleozoico.
    Os teixos están integrados dentro dun extenso faial.
  • ASCENSIÓN PICO ESPIGÜETE (2.452 m). (Día 13)
    Lonxitude percorrido: 11 Km.
    Desnivel positivo: 1190 m.
    Desnivel acumulado: 2380 m.
    Punto más elevado: 2452 m.
    Punto más baixo: 1336 m.
    Dificultade: Media-Alta.
    Duración da actividade: 7 h.
    Esta montaña é unha das xoias do Parque Natural de Fuentes Carrionas, xunto á Peña Prieta e o Curvacas.
    A idea e completar unha ruta circular que sube o punto máis alto pola aresta este e baixa pola cara norte.
    Iniciaremos o ascenso dende o aparcadoiro, na estrada que leva a Cardaño de Arriba (entre os quilómetros 3 e 4), gañando altura rapidamente dende a saída para entrar na fermosa e longa aresta que nos levará directamente ao cumio. Despois de chegar ao camiño que enlaza coa cara norte, pola que baixaremos, só nos quedará un treito fácil ata o punto máis alto.
    Cun día claro as vistas son impresionases divisando os Picos de Europa e as montañas que nos rodean: Peña Prieta, Pico Murcia, Curavacas…
  • RUTA CUEVA DEL COBRE, NACIMIENTO DEL RÍO PISUERGA. (Día14, pola mañá)
    Lonxitude percorrido: 14 Km.
    Desnivel positivo: 678 m.
    Desnivel acumulado: 1356 m.
    Punto más elevado: 1665 m.
    Punto más baixo: 1210 m.
    Dificultade: Baixa-Media.
    Duración da actividade: 5 h.
    Outra das rutas características desta zona. A Cueva del Cobre considérase, aínda que realmente está algo máis arriba, o nacemento do río Pisuerga.
    Alcanzaremos a cova ascendendo primeiro por unha pista e logo por un sendeiro que parten da vila de Santa María de Redondo e que nos levan por unha ladeira tapizada de carballos, faias, bidueiros e incluso acivros.

Observacións:
Aloxamento en Albergue Curavacas de Triollo. O prezo por noite é de 13 €. Temos a posibilidade, que consultaremos cos/coas inscritos/as, de facer as ceas nun hostal de Triollo ao prezo de 12 €.

*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

IMPORTANTE: os interesad@s deben anotarse a través do formulario do club antes do 15 de setembro.