Semana dos Xeoparques Europeos

Nesta Semana dos Xeoparques Europeos propoñemos unha fin de semana de senderismo, xeoloxía, etnografía e literatura polas nosas montañas.

Dúas rutas para os días 1 e 2 de Xuño ás que vos poderedes inscribir en conxunto ou por separado.

Sábado 01/06

Ruta do sinclinal deitado das Montañas do Courel

Tipo de ruta

ICON_Senderismo
  • 22 km
  • + 300
  • 800 m
  • Non
  • Baixa
  • Aberta ó público en xeral

1 Xuño 2019

Albergue de Quiroga

11:00h - 16:30h

Actividade conxunta organizada polo Xeoparque Montañas do Courel, Club Montañeiros Celtas de Vigo e Club de Montañas Formigueiros da Comarca de Quiroga. Dentro das actividades programadas polo Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, para celebrar a Semana dos Xeoparques Europeos, realizaremos unha impresionante ruta que percorre unha parte do sinclinal deitado das Montañas do Courel: lugar xeolóxico de rango internacional dende o ano 1983.

A ruta, de pouca dificultade, sae do alto do Boi para dirixirxe aos vales onde nace o río Ferreiriño, unha vez superados os vales, baixaremos cruzando os flancos do sinclinal deitado ata aldea de Leixazós onde visitaremos a aldea "onde non entra nin carro nin Dios"… Un fermoso sendeiro nos leva pegados ao curso do río Ferreiriño ata aldea de Campodola, despois de contemplar espectaculares saltos de auga; un artificial e dous naturais, mesmo nos achegaremos o magnífico Pozo do Botán. Baixo Campodola cruzaremos o río Ferreiriño para ascender novamente á cresta, unha vez arriba gozaremos das marabillosas vistas cara o val do río Quiroga, Ferreiriño e Sil, para baixar tranquilamente ata as aldeas de Arxubín e Barxa, onde cruzamos novamente o río Ferreiriño para ir cara a Gandara Cha e o Alto de San Roque na Ermida. Unha vez alí baixaremos pola Bergaza ata a Ribeira de Abaixo e a ponte de Vilaverde.

A camiñata remata cunha xornada de portas abertas no Museo Xeolóxico de Quiroga.

Domingo 02/06

Ruta etnográfica e literaria do Río Quiroga

Tipo de ruta

ICON_Senderismo
  • 17 km
  • + 100
  • 500 m
  • Non
  • Media
  • Aberta ó público en xeral

2 Xuño 2019

Albergue de Quiroga

9:00h - 14:00h

Actividade conxunta organizada polo Xeoparque Montañas do Courel, Club Montañeiros Celtas de Vigo e Club de Montañas Formigueiros da Comarca de Quiroga. Dentro das actividades programadas polo Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, para celebrar a Semana dos Xeoparques Europeos, propoñemos unha impresionante ruta etnográfica e literaria. O intinerario discorre polo fermoso val do río Quiroga, dende a Cruz de Outeiro ata o Museo Etnográfico de Quiroga onde teremos unha xornada de portas abertas. Durante a ruta contaremos cun relato sobre a tradición do ferro neste val, as alvarizas e mesmo a arquitectura tradicional de aldeas como Vesarredonda, Penas Rubias, Casa do Vello, A Rodela ou a Ponte.Ademais no curso baixo do río Quiroga, aproveitando o paso da ruta por Lamela e a Veiguiña, haberá un relato especial dedicado aos escritores Ánxel Fole e Manuel María e os seus escenarios.










Observacións

Roupa e calzado cómodo, tede en conta que estamos xa en xuño e probablemente fará algo de calor. Como sempre é recomendable levar a comida para xantar no monte.

*Recomendase dispoñer nas saídas unha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

* Podedes inscribirvos tamén na Casa da Cultura de Quiroga de 8 a 14h