2ª Ascensión a Pena Trevinca (Novembro 2016)

O vindeiro 19 de novembro convidámosvos a unha ruta que aínda que xa a fixemos en maio do ano pasado, quedamos con ganas de repetila xa que daquela as adversas condicións climatolóxicas impediron que puidésemos gozar das espectaculares paisaxes da Serra do Eixe. Esta serra está situada na confluencia das provincias de Ourense, León e Zamora e nela tentaremos a ascensión aos tres cumios máis elevados da nosa terra.

Achegarémonos por estrada ata O Barco de Valdeorras para subir ata o alto da Fonde da Cova (situación) e desde alí colleremos a pista que leva ata a zona chamada A Cabrita (situación), onde se atopa unha canteira de pizarra. Desde alí comezaremos a camiñar cara a Pena Trevinca, cumio máis elevado de Galicia cos seus 2.127 m para volver pasando polos cumios de Pena Negra (2.121 m) e Pena Surbia (2.116 m)

Data: sábado 19 de novembro de 2016

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 17 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +800 -800

Dificultade: media-alta

Dirixida a: SOCIOS (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Nota: estaremos atentos a previsión meteorolóxica xa que a idea é facer a ruta con bo tempo.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Trevinca (desde Fonte da Cova)
Trevinca (desde Fonte da Cova)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

A ruta en imaxes