O Club de Montaña Formigueiros fundouse en xaneiro do ano 2014, como resposta á necesidade de organizar o desfrute do deporte de montaña que, segundo críamos algúns afeccionados, podía ter unha boa acollida entre a crecente afección á montaña na comarca lucense de Quiroga.
Tomando como nome o significativo pico Formigueiros (o mais alto da zona) creamos unha estrutura Directiva coa misión de organizar un Club de Montaña que establecera as bases para poder gozar do deporte na natureza, respectando o medio ambiente e garantindo a máxima seguridade na práctica do dito deporte.
O CM Formigueiros pretende ser un Club de Montaña de referencia na comarca de Quiroga e O Courel, onde todos os amantes da montaña poidan sentirse a gusto, cunha estrutura organizativa definida, cunha comunicación aos socios clara, cunha ambición de crecer ano a ano, e tentando dar resposta ás inquedanzas dos nosos socios e simpatizantes da mellor maneira que poidamos.