A Cubela PRG-180 (Xaneiro 2016)

Trátase dunha das rutas máis fermosas e espectaculares que se poden realizar na provincia de Lugo, dentro do Espazo Protexido do Canón do Sil, e que discorre a través do municipio de Ribas de Sil. No 2015 foi homologada pola F.G.M.

A ruta discorre en gran parte por un pequeno sendeiro que vai bordeando o canón, permitíndonos contemplar os fantásticos paisaxes que ofrece esta zona da Ribeira Sacra ao seu paso por Augasmestas, atravesando lugares de gran valor ecolóxico caracterizados pola presenza de especies de flora típicas de ambientes mediterráneos, como enciñeiras, sobreiras, érbedos, etc..

Na metade do percorrido, poderemos contemplar o que sen dúbida é o elemento natural máis fermoso de todo o Canón do Sil: o impresionante Meandro da Cubela, que describe unha curva de case 360 graos, e situado nun entorno sen parangón en toda a zona.

Ademais, ao longo da ruta, visitaremos interesantes poboacións típicas da zona, como A Cubela, fermosa aldea restaurada con fondos da Unión Europea e situada nun fermoso lugar; Torbeo, cunha valiosa e moi interesante igrexa románica e Souto, esta última completamente abandonada.

Data: domingo 31 de xaneiro de 2016.

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 14:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +550 -550

Dificultade: baixa

M.I.D.E.:

PR-G 180 Ruta da Cubela
PR-G 180 Ruta da Cubela

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar po e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con augae algo de comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

PR-G 180 Ruta da Cubela
PR-G 180 Ruta da Cubela

Cartografía IGN 1:25.000: 189-I, 189-II

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

A ruta en imaxes