I Aniversario CM Formigueiros (Xaneiro 2015)

Benvid@s tod@s:

Coincidindo co primeiro aniversario do club botamos a andar este blog co fin de que serva de punto de encontro e información na rede para os socios así como para calquera persoa interesada nas actividade que desenvolvemos.

O noso club botou a andar hai xa un ano, ¡como pasa o tempo!, a primeira actividade fíxose o 18 de xaneiro de 2014 en medio dunha boa nevada facendo a ascensión, como non podería ser doutro xeito, ao cumio da montaña que da nome ao club e que marca o teito do noso querido Courel.

lucenza
Lagoa da Lucenza

Aquelo supuxo a estrea do que serían as primeiras aventuras na montaña para algúns soci@s, para outr@s, coñecer novas rutas e probar novas actividades, e para tod@s a oportunidade de compartir bos momentos con nova xente.

Ao longo do ano xa pasado, fixéronse unha boa cantidade (e variedade) de actividades, entre elas sendeirismo, rutas de montaña, BTT, trail, espeleoloxía… neste segundo ano pretendemos incrementar o número de actividades e tamén, se é posible, a variedade.

Contamos coa vosa participación!

A ruta en imaxes