Belén de Cumios (Decembro 2017)

O próximo venres día 8 faremos unha ruta circular pola devesa da Rogueira e o pico Formigueiros. Partiremos do Alto do Couto, porto de montaña situado a uns 1300 m de altitude que separa os cumios Cabeza do Couto e Formigueiros. Adentrarémonos na devesa da Rogueira por un sendeiro que a percorre pola súa parte máis alta, dende onde teremos unhas bonitas vistas dos vales do Courel, se o tempo o permite. Na parte final da devesa visitaremos as coñecidas fontes do Cervo. Logo continuaremos un anaco por pista e a través dun sendeiro polo cordal chegaremos ata o Formigueiros (1639 m), onde colocaremos un Belén de Cumios, unha antiga tradición dos clubs de montaña nestas datas de Nadal. Dende alí volveremos ao Alto do Couto, punto de inicio da ruta.

Data: Venres 8 de decembro de 2017

Lugar de saída: Xunto ó albergue de Quiroga ás 9.15 h. Desprazarémonos nos nosos propios coches ata o lugar de inicio da ruta.

Comezo da ruta: 10.30 h no Alto do Couto (O Courel) (Leva aproximadamente unha hora chegar ao Alto do Couto dende Quiroga)

Fin de ruta (estimada): 14:30 h aproximadamente

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 10 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): + 472 m ; – 451 m

Dificultade: media

Dirixida a: soci@s

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena con bebida e comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • chuvasqueiro, gorro, braga para o pescozo, guantes, polainas, protección solar, gafas de sol, etc.

Track da ruta para quen queira levalo no GPS

Posibilidade de comer ao fin da ruta en “Casa Carrete”- A Seara (a uns 35 minutos en coche dende a fin da ruta e a medio camiño de volta cara Quiroga polo outro lado do Courel).

Nota: A RUTA PODERÁ MODIFICARSE OU SUSPENDERSE EN CASO DE CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS.

Inscrición: