O vindeiro 25 de novembro convidamos a todas as persoas interesadas a acompañarnos na nosa terceira ruta solidaria.
A asociación nace en decembro do ano 2014, desde entón consolidamos as actividades semanais cun número regular de asistentes, e a participación continuada do grupo en diferentes eventos deportivos e culturais da comarca e outras zonas nos que as condicións de participación e os apoios así o permiten.Nosos obxectivos siguen sendo fomentar e promocionar a inclusión plena, dun xeito natural, daqueles mozos/as con diversidade funcional, e das súas familias, da comarca de Bergantiños e arredores co obxectivo de contribuír á mellora da súa calidade de vida, social e da saúde psicofisiológica, e, en consecuencia, de forma indirecta,comunicar e difundir as actividades inclusivas para visibilizar e normalizar na sociedade en xeral os beneficios da práctica deportiva con carácter lúdico e inclusivo, a través das nosas actividades deportivas e talleres regulares así como dos campamentos e eventos deportivos puntuais que organizamos ou nos que colaboramos.
A ruta solidaria “Un paso máis” trátase dunha ruta de sendeirismo solidaria para todos/as os/as que queiran participar. Nesta ocasión pensamos na coñecida Ruta da Cubela, no Concello de Ribas de Sil. Para facela posible a todos/as as persoas que nos acompañen decidimos facer o camiño ata a aldea da Cubela, ao carón do río Sil, de ida e volta sen subir a Torbeo. Este treito ten atractivos dabondo para pasar unha mañá divertida e solidaria.
Data: domingo 25 de novembro de 2018
Lugar de saída: xuntarémonos en CASTRO DE ABAIXO para sair as 10.30h
Chegada (estimada): 14:30 hrs. aproximadamente
Disciplina: sendeirismo
Distancia aproximada: 12 km.
Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): 680 m. +340
Dificultade: baixa
Dirixida a: persoas socias e non socias
(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).
Material necesario:
- roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
- mochila pequena con bebida e comida.
- bastóns para camiñar (opcional)
- en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
Inscrición:
- Cumprimentar o seguinte Formulario
- Tamén é posible inscribirse na Casa da Cultura de Quiroga.
Nota: O prezo de inscrición para socios/as e non socios/as será de 4 €, que se destinarán integramente a Asociación de persoas con diversidade funcional de Carballo (A Coruña). Este diñeiro recollerase o propio día da ruta, onde estaremos cunha lista con todos os inscritos, ALBA recollerá o diñeiro.