2ª Ruta Solidaria “SOMOS Unidos por el cancer” (Novembro 2017)

O vindeiro 19 de novembro convidamos a soci@s e público en xeral a realizar a segunda ruta do club cun fin solidario para colaborar coa asociación sen ánimo de lucro SOMOS Unidos por el cáncer, unha asociación centrada en dar apoio ás persoas con cáncer e os seus familiares. Dispoñen dun piso para aqueles desprazados por mor dos tratamentos, nenos prematuros, etc. Un espazo gratuíto onde descansar, cociñar, lavar a roupa e pernoctar.

A idea da ruta e que poida ser apta para todo o mundo, acostumado a camiñar, e que poda ser feita por nenos, cada un deles acompañado por un adulto que en todo momento se faga responsable.

A ruta solidaria “SOMOS” trátase dunha das rutas máis clásicas da Serra do Caurel. A ruta parte de Vilamor, desncende ao río Lor e volve a subir cara a Vilar do Caurel; dende esta aldea na que poderemos visitar a colección etnográfica de Xan de Vilar, iremos cara ao castro de Vilar, que poderemos cotemplar en todo o seu eplendor e grandeza. Dende o castro de novo volveremos a baixar ao río Lor para cruzalo e subir lixeiramente ata Froxán, aldea BIC con numerosos encantos. Volveremos cara a Vilamor usando pistas e camiños vellos que nos permitirán seguir disfrutando das paisaxes espectaculares do outono na Serra do Caurel.

Ademáis, poderedes indicar si queredes quedar a comer en Bar Costa, en Valdomir (a 2km de Vilarmor) e nos encargarémonos da reserva.

O menú da comida e: fabada, polbo, empanada e churrasco.

Data: domingo 19 de novembro de 2017

Lugar de saída: xuntarémonos en Vilamor as 10.00h

Chegada (estimada): 14:30 hrs. aproximadamente calculando paradas e un ritmo de 2 km/h pero depende dos e das participantes.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 11 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +600 -600 m

Dificultade: baixa

Dirixida a: soci@s e público en xeral

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena con bebida e comida.
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición:

  • Soci@s: cumprimentar o seguinte FORMULARIO
  • Non soci@s: cumprimentar o seguinte FORMULARIO NON SOCIOS
  • Tamén é posible inscribirse na Casa da Cultura de Quiroga.

Nota: O custo da actividade será de 4 euros que incluirán un pequeno agasallo por parte da asociación para os participantes e a doazón para a mesma. Este diñeiro recollerase o propio día da ruta, onde estaremos cun pequeno posto de SOMOS Unidos por el cáncer e unha lista con todos os inscritos, ALBA recollerá o diñeiro.

O punto de encontro para a ruta de mañá é na praza da Igrexa, por encima da Casa Comerciante (podedes deixar os coches aparcados na carretera)